Cidade das cen campás

Montero Ríos pensou que Santiago, a finais do século XIX, era unha cidade na que “hai un arcebispo, un seminario e cen campás”. Había un abundante clero secular que servía ás 10 parroquias da cidade. Unhas 50 igrexas, ademais de numerosas capelas, acollían cada ano a celebración dunhas 68.000 misas dirixidas a unha poboación que roldaba os 24.000 habitantes. Eran os ecos cotiás das “cen campás” que tiñán en activo esta cidade.

© Copyright - Todos los derechos reservados de imágenes y texto. Campanario de San Xoan. Powered by JLVBCoop