Descubrindo o Campanario de San Xoán

Historia do campanario de San Xoán

O único campanario exento da cidade de Santiago de Compostela é o de San Xoán, situado na “ rúa dás Campás de San Xoán”. É unha construción cunha planta de reducidas dimensións, que se atopa encostada a dous edificios residenciais do centro histórico.

Actualmente este campanario está composto por unha escaleira de caracol formada por 32 banzos de sillería de granito, que parten dos muros de cachotería que configuran a súa envolvente circular. Esta escaleira unicamente dá acceso a unha plataforma, situada á altura dunha espadana construída, esta tamén, en sillería de granito.

A espadana conta con varandas de ferro, carece de campás e sobre ela atópase unha cuberta a dúas augas formada por unha estrutura de madeira sobre a que se dispoñen tellas cerámicas curvas.

Sobre a cuberta esta pousado un Agnus Dei de pedra cunha cruz de ferro; os historiadores polo seu formato dátano no s. XI.

Descoñécese con exactitude a data de construción do campanario e dos seus diferentes elementos (escaleira, espadana e cuberta), pero recompiláronse diferentes datos da súa posible historia, no que se atopou documentos dos anos 1524,1576 e 1578 nos que xa menciona a súa existencia.

A espadana deste campanario ten na actualidade formato e estrutura barroca (s. XVII- XVIII), por tanto non corresponde co campanario primixenio, e seguramente este desaparecese.

Detalles externos do campanario

  • Porta de acceso

    Unha porta de acceso.

  • Xanelas

    2 xanelas de pequeno tamaño

  • Espadana

    Espadana do século XII

  • Agnus Dei

    Agnus Dei do século  XI sobre a cuberta do campanario

Medidas do campanario

  • Altura

    11,47 metros

  • Fachada

    23,60 m2

  • Plataforma de madeira

    3 m2

  • Superficie construida

    7 m2

  • chanzos

    35

Reforma do campanario

1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
Plano campanario de San Xoan
1

  Campanario de San Xoan

2

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

3

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

4

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

5

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

6

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

7

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

8

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

9

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

10

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

11

Campanario de San Xoan

Campanario de San Xoan

© Copyright - Todos los derechos reservados de imágenes y texto. Campanario de San Xoan. Powered by JLVBCoop